Lembrar que o xerente participou hai días nun acto (para explicar as "virtudes" da privatización) xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo e o xerente de Atención Primaria, a este acto foron convocados por invitación persoal un grupo de membros de asociacións de veciños, que non superaban a trintena, e con presenza de varios axentes policiais ante o temor de que houbera algún altercado, "moito medo e pouca vergonza. Este acto foi simple e llanamente un acto propagandístico cara os medios de comunicación para saír ao día seguinte na prensa", denuncian desde a CIG-Saúde de Vigo.
Engaden que "isto demostra o nervosismo que a Xunta ten ante a manifestación e folga do día 25 de marzo, pondo ao fronte a este grupo de mandadiños para intentar restar efectivos cara o día 25. O que conseguen con este tipo de manobras e o efecto contrario, polo cal lle estamos moi agradecidos".
Concentración do 9 de marzo
Celebrouse o martes 9 de marzo unha nova concentración-manifestación do persoal en protesta pola privatización da sanidade pública e mais concretamente a do novo hospital de Vigo.
Cunha mais que numerosa participación, o persoal percorreu dende o hospital Xeral ata a praza dos cabalos e volta ao hospital Xeral.