Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 11/7/2011
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Os traballadores/as de Meteogalicia protestan diante de Medio Ambiente contra os despedimentos

Solicitan unha entrevista co conselleiro para abordar a precariedade laboral existente no servizo de predición
Arredor de medio cento de persoas participaron hoxe na concentración convocada diante da Consellería de Medio Ambiente en Santiago de Compostela para rexeitar os despedimentos en Meteogalicia. Representantes sindicais entregaron por rexistro un escrito solicitando unha xuntanza co conselleiro para explicarlle a precariedade que se vive no servizo tras o desmantelamento do 20% do seu cadro de persoal.

A CIG advertiu recentemente da delicada situación na que se atopa o servizo de predición metereolóxica Meteogalicia despois de que os seus responsábeis decidisen prescindir do 20% do persoal. Ao mesmo tempo, un empregado do organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente denunciou a cesión ilegal de traballadores/as da empresa Tragsatec. O vindeiro martes día 19 de xullo terá lugar unha nova mobilización, que consistirá nun paro parcial de media hora de duración (entre as 11.30 e as 12.00 horas).

cig.prensa@galizacig.com