O ciclo de conferencias deu comezo este luns 12 de xaneiro nas cidades da Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo. En Compostela Xosé Manuel. Cid e Avelino Pousa Antelo foron os encargados de inaugurar as Xornadas cunha charla sobre a represión franquista no ensino.
Na cidade herculina o programa deu comezo con Narciso de Gabriel, quen disertou arredor da figura do Padre Sarmiento e o Seminario de Estudos Galegos. Pola súa banda, en Pontevedra, Xan Leira e Xoán Carlos Garrido falaron da “Memoria en imaxes da escola represaliada”. Durante esta xornada proxectáronse e comentaranse “A derradeira lección do mestre” e “Crónicas de pizarra e xiz”.
En Vigo Xosé M. Malheiro reflexionou sobre as experiencias innovadoras e transformadoras postas en marcha durante a República.
En Ferrol e Ourense as II Xornadas de Socioloxía na Educación darán comezo o 14 e o 15 de xaneiro, respectivamente, e desenvolveranse no Salón de Actos do Campus de Esteiro e no Edificio Administrativo da Xunta de Galiza de Ourense.
Achegamos os programas das II Xornadas para todos e todas os interesados en participar nas mesmas.