Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 12/1/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

CIG-Saúde denuncia a situación que vive o centro de atención primaria de Tui e demanda aumento de persoal e un novo centro

Sen pediatra e con servizo de atención precario
CIG-Saúde quere manifestar a súa preocupación pola situación na que se atopa a atención pediátrica no Centro de Saúde de Tui. As dúas pediatras actuais teñen o maior número de pacientes da área sanitaria, con 1.420 e 1.335 respectivamente. Dende o luns 11 de xaneiro o Centro de saúde de Tui non ten pediatras por ausencia xustificada das mesmas. O Servizo Galego de Saúde di que o martes 12 serán substituídas cando a realidade é que todo segue igual. As usuarias e usuarios mobilizáronse para protestar por este feito recollendo sinaturas.

Dende CIG-SAÚDE falouse coa Directora Médica para que se solucionara o problema, sen que de momento se aportaran solucións. CIG-SAÚDE ven denunciando e reclamando a construción inmediata do novo centro de saúde así como o cumprimento do Plan Mellora de Atención Primaria, onde se recollía o incremento de pediatras por ser esta área a que maior presión asistencial soporta.

Persoal do centro de saúde de Tui

O Concello de Tui ten 17.000 habitantes que son atendidos por un centro de Saúde construído en 1984, que conta co seguinte persoal:

 

 

 

Servizos Básicos

 

 

Servizos Apoio

 

 

MEDICO XERAL

11 

 

MATRONA

 

PEDIATRA

 

FARMACEUTICO-A

 

ATS/DUE

12

 

FISIOTERAPEUTA

 

AUXILIAR ENFERMERIA

3

 

ASISTENTE SOCIAL

 

FUNCION ADMINISTRATIVA

 7 

 

ODONTOLOGO

   

 

 

 

TECNICO ESPECIALISTA

             

            Para dar resposta a actual situación de precariedade e ao necesario incremento de plantilla nunhas condicións dignas é imprescindible a construción inmediata do novo Centro de Saúde.

 

            Nin as usuarias e usuarios nin os profesionais poden esperar mais. As autoridades competentes teñen que tomar decisións urxentes.

cig.prensa@galizacig.com