Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 12/12/2011
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG álzase coa maioría absoluta nas eleccións sindicais celebradas na empresa Aquagest

A central nacionalista obtivo catro dos cinco representantes que se escollían no comité
A CIG logrou a maioría absoluta nas eleccións sindicais celebradas recentemente en Aquagest, empresa concesionaria do subministro e saneamento de augas nos concellos de Pontevedra, Poio, Cambados Ponteareas, Soutomaior e a Mancomunidade do Salnés. A central nacionalista obtivo catro dos cinco delegados/as que se escollían no comité de empresa e quedou a un só voto de ser a única forza sindical con representación.

No colexio de especialistas e non cualificados/as a CIG colleitou 40 apoios e tres representantes, fronte aos seis votos e un representante que sumou a UGT. No colexio de técnicos/as e administrativos/as a central nacionalista conseguiu seis votos e un delegado/a, mentres que a UGT quedouse sen representación ao sumar cinco apoios. Deste xeito, a CIG quedouse a un só voto (no colexio de especialistas) de ser a única forza con representación no comité de Aquagest.

Dende a CIG de Pontevedra amosaron a súa satisfacción polos resultados e lembraron que as eleccións sindicais viñeron precedidas dunha modificación do censo electoral por parte da empresa, que contou co apio da UGT, cando xa era definitivo. Este cambio motivou unha reclamación da central nacionalista ante a OPR que se resolveu cun laudo arbitral ao seu favor.

cig.prensa@galizacig.com