Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 12/2/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Nova concentración ás portas da Levantina polos despedimentos, disfrazados de traslados forzosos, e polo respecto ao persoal

Convocan unha nova concentración o xoves 18 e unha manifestación o sábado 20
O venres 12 de Febreiro os traballadores e traballadoras e Levantina (antiguo Grupo Graninter), empresa adicada á transformación do granito, concentraranse de novo ás 14 horas ante as dependencias da mesma, no Polígono de A Granxa en O Porriño, para mostrar a sua oposición ao traslado forzoso de seis compañeiros/as a Alacant: 3 son membros do Comité de Empresa e duas traballadoras están acollidas a reducción de xornada por coidado de fillos.

Anuncian que o próximo xoves 18 ás 14 da tarde haberá unha nova concentración ás portas desta fábrica e o sábado 20 de febreiro ás 11 da mañá sairá unha manifestación da casa sindical do Porriño até a Praza do Concello contra estes despedimentos na Levantina.

Concentración numerosa

Perto de 100 persoas, traballadoras e traballadores dunha das quendas desta empresa, xunto a delegados sindicais e compañeiros/as da CIG, UGT e CCOO concentrábanse até pasadas as dúas e media para berrar e amosar o seu rexeitamento á situación xerada pola dirección da empresa na Levantina.

Desde a CIG-Construción consideran estes feitos como un "un exemplo de como entende a patronal o respeito polos dereitos á representación sindical e a obriga legal de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar" .

Novas accións da CIG-Construción

LEVANTINA ten recibido nos últimos anos subvencións públicas por máis de un millón de euros, axudas ás que responde destruído empregos en Galiza. Por elo e por esta aposta polo autoritarismo constatada en diversos sectores empresariais, a FCM-CIG ten acordado dirixirse ás Consellerías de Traballo e Industria para tratar da situación nos mesmos, incluído o da Pedra, para comunicar as súas inquietudes e solicitar transparencia e participación sindical nos planes nos que se inclúan axudas públicas.

Tamén informamos que, por medio dos deputados do BNG no Parlamento de Galiza, presentararase unha pregunta ao Goberno Galego sobre a situación de Levantina e as suas actuacións recentes.

cig.prensa@galizacig.com