Tras da asemblea, os traballadores e traballadoras realizaron unha concentración diante dun hotel de Compostela onde estaba prevista unha xuntanza na que particpaban o prsidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feijoo e a conselleira de Traballo, Beatriz Mato.
Tras un amago de carga policial, a conselleira achegouse aos folguistas e ante os medios de comunicación adquiriu o compromiso de mediar no conflito e buscar unha saída á situación que padecen os traballadores e os arredor de 100.000 usuarios afectados pola folga.
Polo momento, non se concretou nada ao respecto, polo que a folga continuará esta fin de semana.