Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 12/3/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Nova xornada de protestas en Levantina en contra do traslado forzoso de sete traballadores e o desmantelamento da fábrica

O persoal está a concretar un novo calendario de protestas para os vindeiros días
Os traballadores/as de Levantina (antigo grupo Graninter) continúan adiante co calendario de mobilizacións diante da sede desta firma no Polígono da Granxa, en O Porriño, para protestar pola pretensión da dirección da empresa de trasladar, forzosamente, a sete traballadoras/es de administración a Alacant. Este venres 12 de marzo está convocada unha concentración dende as 14 ás 14:30 horas e xa se estudan novas mobilizacións en contra do desmantelamento da factoría.

Alén da concentración deste venres, o pasado 10 de marzo os traballadores e traballadoras de Levantina desenvolvían unha nova xornada de protestas, cunha concentración diante da sede da empresa en O Porriño dende o mediodía até as 14:30 horas.

Na protesta  tamén participaron delegados e delegadas da CIG-Construción, que amosaron a súa solidariedade cos sete compañeiros de administración aos que a empresa pretende trasladar, de xeito forzoso, a Alacant. Nesta provincia atópase a sede central do grupo, onde xa se realizou un ERE e hai outro previsto para este mes.

Desmantelamento da fábrica

Os traballadores e traballadoras tamén queren denunciar con estas mobilizacións a falta de respecto cara ao cadro de persoal e á representación sindical, así como critican que detrás destes sete despedimentos da administración o que pretende a dirección da empresa é desmantelar o resto da fábrica en Galiza.

cig.prensa@galizacig.com