Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 12/4/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Mesa presidencial e relatores de acción sindical.
Mesa presidencial e relatoras da ponencia de organización e estatutos.
Suso Seixo no acto de clausura.
Óskar Rodríguez.
Serafín Otero, Clodo Montero, Sefi Romero e Pilar Cebreiro.
Intervención de Etelvino Blanco, secretario comarcal da CIG-Ourense.
Luis Filipe Pinto.
Leonardo Batalla.
Joxean Urkiola.

Clodo Montero, reelixido Secretario Nacional da CIG Banca

A nova Executiva da Federación contou con 104 votos dos 105 votos emitidos
O V Congreso da Federación da Banca da CIG estivo marcado pola crise e restruturación do sistema financeiro, nomeadamente das Caixas de Aforros e pola grave deslocalización do sector do telemarketing. Aprobouse unha resolución que avala a presentación dun posible recurso contra a aplicación do Regulamento do FROB para impedir a liquidación parcial das Caixas e a venda de rede á banca privada.
Nova Executiva Federal da CIG-Banca.

O sábado 10 de marzo celebrouse na cidade de Ourense o V Congreso da Federación de Banca, Aforro, Seguros e Oficinas da CIG baixo o lema "O Valor do sindicato" co que se quixo contrapoñer os valores que representa o sindicalismo nacionalista e de clase fronte a quenes cuestionan a vixencia do sindicalismo. 

Minuto de silencio

Ao inicio do acto gardouse un minuto de silencio en memoria do compañeiro Fernando Pol traballador da CIG que sempre colaborou estreitamente coa Federación e de Marcelino Gomez, historico da CIG en Caixavigo, delegado no Comité Provincial de Caixanova en Ourense que era compromisario para o propio Congreso. 

A continuación, deu comezo o Congreso propiamente dito, e despois de cantar a Internacional, o secretario comarcal da CIG-Ourense, Etelvino Blanco, dirixiu unhas palabras de benvida ás e aos asistentes a este V Congreso.

Informe da Executiva e do Secretariado

Unha vez aprobado o Regulamento do Congreso por unanimidade, o secretario nacional saínte da Federación, Clodo Montero, deu lectura ao Informe da Executiva e Secretariado Nacional. No informe destacouse que a Federación segue a ter o seu núcleo central no sector financeiro, pero que hoxe organiza ao persoal de todo o sector administrativo privado, nomeadamente grazas ao medre dun 38% da afiliación nos últimos catro anos froito dunha maior atención aos distintos sectores. Este informe foi aprobado con 111 votos a favor e 3 abstencións.

A seguir, o Congreso aprobou tamén por unanimidade a proposta de Mesa Presidencial que quedou composta por Xosé Ramón González, Chelo Lago, Xosé Valcárcel, María Louro e Luis Sabuz.

Posteriormente Teresa Richard e Sefi Romero fixeron a presentación do Relatorio de Organización e as modificacións Estatutarias, que tamén foron aprobadas. 

Delegacións convidadas

A sesión matinal pechouse coa intervención das delegacións convidadas, ELA (Óskar Rodríguez e Marce Murias) e LAB (Joxean Urkiola) de Euskalherria, a Comissao de Trabalhadores do BBVA de Portugal (Luis Filipe Pinto e Paulo Alves) e da AEBU  (Leonardo Batalla), o sindicato de rama Uruguaio integrado na PIT-CNT. Neste senso a CIG foi convidada a participar nun cúmio sindical da Banca latinoamericana que terá lugar no mes de maio en Brasil. 

Relatorio de acción sindical

Xa pola tarde Gladis Afonso e Clodo Montero foron os encargados de presentar o Relatorio de Acción Sindical, que incidiu na gravidade da crise do sector financeiro no Estado que levou a un rescate multimillonario por parte do goberno que estaría na orixe do déficit público; na defensa da lei de Caixas do Parlamento Galego, un instrumento de democratización das Caixas pero tamén de soberanía financeira e recuperación económica; no modelo de organización do traballo  toiotista que se está implantando no sector financeiro; do produtivismo capitalista laboral; da grave situación que atravesa o sector de telemarketing; e da necesidade de avanzar na soberania laboral, no marco galego. 

Posteriormente procedeuse a elección do Secretario Nacional, da Executiva Federal e dos/as representantes no Consello Confederal, presentandose candidaturas únicas de integración.  

Clodo Montero foi reelixido Secretario con 104 votos a favor e 1 voto en branco. 

A candidatura para o Consello Confederal integrada por Clodo Montero, Sefi Romero, Gladis Afonso e Paco Diéguez foi elixida con 105 votos a favor.

Nova executiva

A Executiva que foi elixida con 104 votos a favor e 1 en branco está integrada por persoas cunha longa traxectoria sindical e por cadros sindicais dos sectores emerxentes; por persoas da banca, caixas, telemárketing ou seguros, provintes de todas as zonas do país. 

Esta Executiva queda integrada polas seguintes persoas: Clodo Montero de Caixa Galicia, Sefi Romero da CIG, Gladis Afonso e Pilar Cebreiro do Banco Pastor, Laura Pérez Figueroa de Bosch Telemárketing, Iria Salvande da CIG, Xabier Blanco de Axa Seguros, Manolo González de Caixanova e Miguel Fernández do BBVA. 

Resolucións aprobadas

O V Congreso aprobou tres resolucións: Unha esixindo a retirada do decretazo do galego e en apoio a Iniciativa Lexislativa Popular; outra de apoio a loita que manteñen os cadros de persoal de Sykes contra a deslocalización e por último unha na que avala que a CIG estude presentar un contencioso administrativo contra o Regulamento do FROB que permite ao BdE liquidar parcialmente e vender a banca privada parte da rede actual das Caixas, na mesma resolución o V Congreso posicionouse contra a entrada de capital privado nas Caixas. 

Acto de clausura

No acto de clausura do V Congreso da Federación de Banca, Aforro, Seguros, Oficinas e Telemárketing (nome completo da Federación segundo o aprobado nas modificacións estatutarias), interviron o reelixido Clodo Montero, e o secretario xeral da CIG, Suso Seixo. Ao remate destas intervencións cantouse o himno galego.

cig.prensa@galizacig.com