Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 12/5/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Desbloquease formalmente a negociación do Convenio do Metal mais a patronal manten a súa postura "intransixente"

Asemblea conxunta das tres centrais sindicais de delegados do Metal o venres 15 de maio
Nova semana para a negociación do Convenio do Metal na provincia de Pontevedra, que desta volta comezou na Delegación da Xunta, e con mediación institucional, mais que o martes e o mércores volveu ao Hotel Samil, sen presenza das Administracións. Aínda que formalmente se desbloquearan as negociacións, a Patronal do Metal continúa firme nas súas posturas de convenio para dous anos e contención salarial. Desde a CIG critícase a "intransixencia" da Patronal, e anuncian novas medidas conxuntas de presión senón se producen avanzos reais na mesa de negociación.

O luns a reunión tivo lugar coa presenza de Administración, Lucia Molares, como superdelegada da Xunta en Vigo, o novo director xeral de Relacións Laborais, asi como o Xefe de Inspección da provincia de Pontevedra, asi como da patronal e as centrais sindicais. O único consenso ao que se chegou nesta primeira reunión foi o de dar por declarado o desbloqueo das negociacións.

Novas reunións no Hotel Samil

O martes 12 de maio ás doce da mañá, e de novo no Hotel Samil e sen presenza das Administracións, retomábanse estas reunións, e na que a exposición da patronal resultou ser o mesmo que o de antes das mobilizacións e folgas do sector: un convenio para dous anos, cunha suba salarial no 2009 co IPC do 2008, e no 2010 co IPC de 2009, que se fora negativo non se rebaixaría o salario, é dicir, "só quedaría conxelado nese ano".

O mércores 13 de maio ás doce da mañá volverá haber unha nova reunión desta mesa negociadora.

Asemblea conxunta de delegados do Metal

Ademais, o venres 15 ás 11 da mañá, no salón de actos dos Capuchinos, terá lugar unha asemblea de delegados de CIG, CCOO e UGT neste auditorio para analizar cal é a situación na que se encontra a negociación do convenio e ver que novas medidas de presión se deciden tomar conxuntamente.

Miguel Malvido, secretario nacional da CIG-Metal, avaliou estes dias de volta ás negociacións e subliñou que "como nos temiamos temos unha postura da Patronal moi intransixente e pechada". Malvido engadiu que "este é o ano no que nos queren facer pasar factura das nosas vitorias en convenios anteriores, mais con mostras de unidades e forza dos traballadores do sector como fomos quen de visibilizar a semana pasada non temos dúbida de que imos gañar esta batalla polo noso convenio".

 

cig.prensa@galizacig.com