Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 12/5/2011
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG gaña as eleccións sindicais no Concello de Narón

A central obtén sete dos nove representantes do persoal funcionario
A CIG gañou as eleccións no Concello de Narón, celebradas o mércores 11 de maio, ao obter sete dos/as nove representantes sindicais do persoal funcionario. A Federación de Administración Pública da CIG revalida así a súa maioría neste concello cun incremento de delegados/as e conseguindo un apio do 72% do persoal funcionario.

Pola súa banda, a UGT obtivo 2 delegados/as, mentres que CCOO, que tiña anteriormente representación sindical no concello, non presentou candidatura. Este novo éxito vén ratificar á maioría da CIG no eido da administración local na comarca de Ferrol.

Dende a CIG-Administración Pública agradeceron a confianza depositada polos traballadores e traballadoras do Concello de Narón nos candidatos e candidatas da CIG.

cig.prensa@galizacig.com