Dende a Unión Local da CIG de Valdeorras informan a todos os afiliados/as, así como ás persoas interesadas, que o novo local manterá os números de teléfono e fax do anterior.
A sede que vén de estrear a central nacionalista no Barco está situada no primeiro andar do novo edificio sindical, fronte ao Concello do Barco de Valdeorras.