Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 13/10/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG de Valdeorras abre o prazo para anotarse aos cursos de formación interna e para traballadores da empresa privada

Ofertan ‘Prevención de Riscos’, ‘Palista cargador’, ‘Informática de usuario’ e ‘Nóminas e Seguridade Social’
A CIG de Valdeorras anuncia a convocatoria do curso de formación continua de ‘Prevención de Riscos Laborais’, ‘Palista cargador’ e Informática de Usuario’, dirixidos a traballadores da empresa privada e o de ‘Nóminas e Seguridade Social’, dirixidos a formación interna. Para apuntarse, as/os interesadas/os poden pasar polo local ou chamar ao 988 321 511.

O curso de prevención de riscos laborais ten unha duración de 55 horas e un total de 15 prazas, igual que o de Informática de Usuario. O de palista cargador, porén, é de 45 horas e o número de prazas tamén é de 15.

O curso de formación interna de Nóminas e Seguridade Social impartirase os días 27 de outubro, 12 de novembro, 10 de decembro, 14 de xaneiro, 11 de febreiro e 11 de marzo en horario de 9:30 a 14:00 horas e de 15:30 a 18:00 horas.

cig.prensa@galizacig.com