Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 13/10/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG gaña as eleccións sindicais en Thyssenkrupp Elevadores e Artnacero

A Federación do Metal de Ferrol agradece a confianza amosada polos traballadores/as no modelo sindical defendido por esta central
A CIG-Metal continúa recollendo bos resultados e nas últimas semanas gañou as eleccións sindicais celebradas nas empresas Thyssenkrupp Elevadores, S.L., no centro de traballo de Ferrol, e en Artnacero, situada no Polígono industrial de Vilar do Colo. Dende a CIG-Metal quixeron agradecer a confianza amosada polos traballadores e traballadoras destas empresas na central sindical e modelo sindical da CIG.

No caso de Thyssenkrupp Elevadores, a CIG foi a única candidatura que concorreu ás eleccións sindicais, obtendo oito dos nove votos emitidos, dun censo electoral conformado por un total de once traballadores/as. O único voto que non foi para a candidatura da CIG resultou ser voto en branco.

En canto á empresa Artnacero, a candidatura da CIG-Metal foi a máis votada, conseguindo 10 dos votos emitidos, mentres que as listas presentadas por UGT e USTG lograron nove e oito votos respectivamente.

Dende a CIG-Metal quixeron agradecer a confianza amosada polos traballadores e traballadoras destas empresas na central sindical e modelo sindical da CIG.

cig.prensa@galizacig.com