Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 13/10/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A Federación de Administración Pública traslada todo o seu apoio e solidariedade ao compañeiro Jesús Dorado Noya

O 18 de outubro haberá unha concentración diante dos xulgados de Ourense para demandar a total exculpación do compañeiro, imputado como consecuencia das accións realizadas durante a folga xeral
A Federación de Administración Pública da CIG quere trasladar todo o seu apoio e solidariedade ao compañeiro Jesús Dorado Noya, imputado xudicialmente como consecuencia da accións desenvolvidas durante a xornada de folga xeral do pasado 29 de setembro. Dende a CIG-Administración considérase que a detención e posterior denuncia contra este compañeiro teñen un carácter arbitrario e son unha nova mostra da persecución contra as actividades desenvolvidas por esta central sindical, no marco dunha folga que significou unha xornada de loita e dignidade para a clase obreira galega.

A CIG-Administración Pública quere manifestar o seu apoio ao compañeiro da federación, Jesús Dorado Noya, quen está imputado xudicialmente como consecuencia das accións sindicais que se realizaron na comarca de Ourense para poder levar adiante a folga xeral do 29 de setembro. Como consecuencia da súa detención, está previsto que o vindeiro 18 de outubro se realice o xuízo penal no que está imputado. Coincidindo coa vista, a CIG-Administración ten convocada unha concentración diante dos xulgados de Ourense ás 10:00 horas en solidariedade e apoio a Dorado Noya.

De igual xeito, a Executiva Federal e a Secretaria Nacional da Federación póñense a disposición tanto deste compañeiro persoalmente como de todos os órganos de dirección Confederais e Federais para colaborar en todas as accións que se fagan a prol de conseguir a total exculpación dos cargos polos que se atopa imputado.

Neste senso, a CIG-Administración considera que a detención deste compañeiro durante a xornada de folga xeral foi arbitraria e unha mostra da persecución sindical á que en moitas ocasións se ten sometido a esta central sindical.

cig.prensa@galizacig.com