Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 13/10/2011
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG logra os tres delegados/as de persoal na empresa Aztega La Artística de Vigo

A federación de Químicas desbancou deste xeito a CCOO como forza maioritaria
A federación de Químicas e Enerxía da CIG conseguiu os tres delegados/as de persoal que se escollían nas eleccións sindicais celebradas recentemente na compañía porriñesa Aztega La Artística. Con este resultado, a central nacionalista desbanca a CCOO como forza maioritaria.

A CIG pasou dun só delegado/a de persoal a tres nesta centenaria empresa dedicada á fabricación de goma líquida, deixando sen representación aos outros dous sindicatos que presentaron lista.

Dende a central nacionalista agradecen o apoio recibido por parte dos traballadores/as, que premian deste xeito a combatividade amosada pola CIG fronte ao sindicalismo pactista. Como exemplo citan a recente firma do convenio da industria química por parte de CCOO.

cig.prensa@galizacig.com