Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 13/10/2011
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG-Valdeorras organiza unha xornada sobre prevención de riscos laborais para coidadores/as de persoas maiores

Este sábado 15 de outubro no salón de actos do edificio multiusos do Concello do Barco
A Unión Local da CIG de Valdeorras organiza unha xornada sobre prevención de riscos laborais para coidadores/as de persoas da terceira idade. A acción formativa desenvolverase no salón de actos do edificio multiusos do Concello do Barco este sábado día 15 de outubro entre as 9.30 e as 14.00 horas.

A presentación da xornada correrá a cargo de Francisco Daga Iglesias, técnico en prevención de riscos laborais da executiva local da CIG de VAldeorras, e terá lugar entre as 9.30 e as 10.00 horas. A continuación dará comezo unha charla baixo o nome de “A carga física. Riscos ligados á manipulación de persoas con mobilidade reducida”. O encargado de impartila será Juan Manuel Rodríguez Lorenzo, ergónomo do Centro de Seguridade e Saúde Laboral de Ourense (ISSGA).

Despois dunha pausa para o café haberá unha nova conferencia: “A carga mental. O impacto emocional desta actividade na persoa dos coidadores/as”, e o encargado de imaprtila será Daniel Latorre Rodríguez, especialista en psicoloxía clínica do centro médico El Carmen. Para rematar abrirase unha quenda para aportar reflexións e facer preguntas e comentarios sobre o contido da xornada.

cig.prensa@galizacig.com