A continuación reproducirmos o comunicado emitido dende a executiva da CIG-Saúde:
Esta fin de semana celebrouse en Silleda o exame da oposición para o Sergas da categoría de Celadores, o mesmo constaba de 2 partes diferenciadas:
-Unha parte específica, con temario propio.
- Unha parte común, tamén con temario propio.
Unha vez rematado o exame nas súas partes, os opositores constataron que na parte específica había un número de preguntas (aproximadamente 6), que non debían de figurar nese exame en concreto, pois pertencían ao temario da parte común.
No 1º exercicio eliminatorio, o cal, constaba de dúas partes consecutivas, na primeira parte según ven recollido nas bases da convocatoria no Anexo III, constaba de 50 preguntas tipo test sobre o contido da parte específica do programa , temas 9 ó 17. Neste exercicio aparecen varias preguntas relacionadas ca parte común do temario co Tema 8 “ Saúde laboral : concepto Principais riscos naI II. SS e medidas de prevención. Principios básicos do Plan Xeral de prevención de riscos laborais do Sergas”. As preguntas son as que teñen a seguinte numeración : 1,5,9,10,23,24,31,47,48.
Tamén se constatou que o nivel dun grande número de preguntas non correspondía coa titulación esixida para a categoría. Non se cumpría as normas mínimas de habitabilidade dado que entre un opositor e outro non había unha separación axeitada. Asemade os exames eran abertos e co nome de cada persoa dando pé a malas interpretacións debido a falta de confidencialidade.
Por isto, dende CIG-Saúde pedímoslle ao Sergas que busque unha solución, xa que non parece de recibo realizar os cambios de temarios entre os distintos exercicios.