Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 13/11/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

O Sergas propón ás organizacións sindicais aprazar a aplicación dos acordos retributivos até o 2014

A plataforma unitaria rexeita a proposta e anuncia unha nova concentración de delegados o día 18 de novembro
A plataforma sindical unitaria acordou un novo calendario de mobilizacións, logo do fracaso da reunión Mesa Sectorial, celebrada o xoves 12 de novembro en Santiago, na que o Sergas presentou unha proposta que adía até o 2014 a aplicación dos acordos retributivos. As organizacións sindicais rexeitaron a proposición e convocaron asembleas para os días 16 e 17, así como unha concentración de delegados/as en Compostela o vindeiro mércores 18 de novembro.

A Consellaría de Sanidade “retomou” a negociación coas organizacións sindicais presentando na Mesa Sectorial unha nova proposta na que xa non suspende os acordos retributivos, “senón que os apraza no tempo”. Así, non se contempla ningún incremento retributivo para o ano 2010, pero adíase a aplicación dos acordos até o 2014, fóra xa da presente lexislatura.

“Da proposta do Sergas sacamos en limpo que no 2010 non haberá incrementos retributivos, no 2011 dependendo de como evolucione a crise, poden dar 1/3 do acordo se a situación continúa mal, e 2/3 se vai mellor. E así sucesivamente até o ano 2014 que remataría o proceso, en vez do 2012 como se estipula nos acordos asinados”, sinálase dende a CIG-Saúde.

As intencións do Sergas son:

 

2011

2012

2013

2014

Ingresos

<5%

1/3 mellora 2010

2/3 mellora 2010

100% mellora 2011

100% mellora 2012

Ingresos

>5%

2/3 mellora 2010

1/3 mellora 2010

2/3 mellora 2011

1/3 mellora 2011

1/3 mellora 2012

2/3 mellora 2012

Continúan as protestas

 

Ante esta proposta, os representantes dos sindicatos da Mesa manifestaron o seu rexeitamento absoluto e instaron á Xunta a que incluíse partidas para o 2010 e se concretasen melloras que se aproximen aos acordos asinados. Pola súa banda, o Sergas comprometeuse a convocar outra Mesa Sectorial para tratar este asunto.

Ao remate da xuntanza, os representantes da plataforma mantiveron unha reunión para elaborar un novo ciclo de protestas e asembleas informativas, acordando realizar asembleas o luns 16 e martes 17 e unha concentración de delegados en Santiago o mércores 18 de novembro.

cig.prensa@galizacig.com