Galiza Nova e a FESGA organizan para este xoves 15 de decembro, ás 20:00 h en Políticas unha charla que será presentada por Suso Seixo
A FESGA e Galiza Nova veñen de organizar unha
conferencia que será presentada polo secretario xeral da
CIG, Suso Seixo, baixo o título “Movementos
sociais e construción do poder popular. Unha ollada dende América Latina”. A charla
correrá a cargo de Isabel Rauber, doutora en Filosofía e investigadora dos
movementos sociais e terá lugar o vindeiro xoves día 15 de decembro, ás 20:00
horas, na aula 0.2 da facultade de Ciencias Políticas, no Campus Sur de Compostela.