Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 13/3/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Xabier Prieto, presidente do Comité de Empresa de Viza.

O Comité de Empresa de Viza convoca paros para o 17, 18 e 20 de marzo contra a cesión ilegal de traballadores

Conflito aberto na factoría pola entrada de carretilleros de Alymosa
O venres 13 de febreiro tivo lugar unha rolda de prensa no local sindical da CIG, convocada polo Comité de Empresa de Viza, do que forman parte CIG, CCOO e UGT, para anunciar a convocatoria de tres xornadas de paro para a próxima semana, para demandar que remate a cesión ilegal de carretilleros de Alymosa, que substituiron aos carretilleros de Viza, e que están a realizar o que era até o de agora o seu traballo por 400 euros menos. A convocatoria deste primeiro paro parcial lévarase adiante os próximos 17, 18 e 20 de marzo, parando dúas horas en media nas quendas de mañá, tarde e noite. Esta protesta ampliarase a indefinida a partir do 23 de marzo, se non hai un cambio na situación actual.
Os membros do Comité de Empresa de Viza de CIG, CCOO e UGT, na rolda de prensa.

O comité de empresa de Viza Automoción, no que están representados os sindicatos CIG, CC.OO e UGT, convocaron paros de dúas horas e media en cada unha das súas tres quendas de produción para os próximos 17, 18 e 20 de marzo, para denunciar a situación de "precariedade" laboral do persoal desta factoría, situada no polígono do Porriño.

Cesión ilegal de traballadores

Os membros do Comité de Empresa denunciaron que en Viza se retirou a carretilleiros dos seus postos para pasalos a produción, co obxectivo de cubrir vacantes de eventuais. Estes 10 postos de carretilleiros foron cubertos co persoal doutra empresa do grupo Viza, Alymosa, que ten un convenio inferior ao de Viza automoción, e desenvolvendo estas funcións, mantivéronselle as mesmas condicións de Alymosa, é dicir, un salario que pode chegar a supor até 400 euros menos.

"Tratan de abaratar costes"

O presidente do comité de Viza, da CIG, Xabier Prieto, explicou que "a empresa trata de abaratar costes coa escusa da crise" e subliñou que "non podemos permitir esta situación porque se está a facer a costa dos traballadores". Tamén denunciou outro tipo de problemas na planta, como todo o que ten a ver co material de protección e a saúde laboral ou iluminación, e criticou que "tamén se pretende aforrar diñeiro a costa da nosa saude".

Javier Domínguez, outro dos membros do Comité, indicou que "o que se pretende con todo este entramado é precarizar outros postos de traballo". Ademais, outro dos representantes do comité, Leopoldo Estévez, subliñou que esta medida "o único que consegue é acrecentar o descontento dos traballadores" de ambas as dúas empresas. Estévez criticou que o xerente de Viza, Antonio Vega, que tamén é o presidente do Clúster da Automoción, manteña posicións públicas nas que avoga por combater a precariedade "e na súa propia empresa estamos a comprobar que tipo de receitas son as que aplica".

O comité denunciou esta situación laboral irregular

El comité anotou que denunciou a situación dos 10 traballadores cedidos de Alymosa a Viza e o próximo día 17 -na primeira xornada de paro- empresa e representantes dos traballadores celebrarán unha xuntanza no Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) para abordar este asunto.

Ademais dos tres días de paros de dúas horas e media en Viza, o comité de empresa non descarta unha ampliación a partir da seguinte semana, no número de días ou mesmo na duración, e facer que a folga sexa de toda a xornada. 

cig.prensa@galizacig.com