Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 13/3/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Os traballadores e traballadoras do centro de saúde de Tui mobilízanse para contar con colectores de lixo, como tiñan antes

Desde que houbo "obras de humanización" nesta vila desapareceron estes depósitos de lixo cos que contaban
Os traballadores e traballadoras do centro de saúde de Tui volveron mobilizarse o xoves 13 de marzo, como xa fixeron o pasado 26 de febreiro, para demandar que se restitúan os colectores de lixo da superficie, que despois das obras de humanización que se realizaron nesta vila, foron situados a 50 metros do centro de saúde, e ese tipo de colectores teñen unha apertura moi pequena e non se poden introducir os sacos de lixo que saen deste ambulatorio.

O Concello de Tui négase a instalar contedores de lixo no Centro de Saúde dende que se realizaron as obras de humanización do contorno. Descúlpase dicindo que non poden pasar os camións de recollida do lixo pola zona "humanizada", cando, como comenta Xosé González, traballador deste centro, "vemos pasar todos os días autobuses, camións de reparto, etc".

A máis de 50 metros

As traballadoras da limpeza do Centro teñen que desprazarse máis de 50 metros coas bolsas de recollida de lixo, chova, neve, faga frío ou calor, con bolsas de gran tamaño que ademais non entran pola boca dos novos colectores instalados.

Necesidades dun centro de saúde

Asi, Xosé González, subliña que "un Centro de Saúde necesita dun sistema de recollida de lixo que dé resposta as súas necesidades, e isto non se cumpre no caso de Tui".

Por iso, demandan que rematen "de por trabas ao funcionamento do Centro de Saúde, que xa ten suficientes por vello e obsoleto, e Tui non merece este Centro nin estes problemas de infraestruturas básicas".

cig.prensa@galizacig.com