Todos os afiliados e afiliadas que desexen facer a declaración da renda no sindicato teñen de prazo dende o 4 de maio até o 29 xuño. As declaracións realizaranse os luns e os mércores de 17:00 a 20:00 horas.
Para evitar colapsos e esperas innecesarias, dende a CIG de Valdeorras informan que será preciso pedir cita pasando polo local da central ou ben chamando ao teléfono 988 321 511.