Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 13/7/2011
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A CIG-Valdeorras acusa a Cafersa de manipular e intimidar os traballadores/as cun panfleto cheo de falsidades

A central nacionalista desmente por punto por punto as afirmacións da louseira ourensá
A Unión Local de Valdeorras denuncia que a dirección da empresa ourensá Canteiras Fernádez (Cafersa) pretende manipular e intimidar aos traballadores e traballadoras cunha serie de mentiras e ameazas directas e indirectas que mesmo recolleron nun comunicado exposto nos centros de traballo e repartido entre parte do persoal.

O sindicato nacionalista desmente do seguinte xeito certas falsidades e argumentos intimidatorios recollidos no escrito:

Cafersa afirma que o salario bruto medio que está a pagar ao persoal representa o 180% do estipulado no convenio colectivo do sector e un 300% superior ao SMI. Pois isto é unha gran mentira. A continuación collemos o salario bruto de tres categorías. Nas contas da leiteira que bota Cafersa, non computa as horas extras, nin os sábados que traballan irregularmente, polo que a cantidade real que cobra o persoal é moi inferior ao que a empresa afirma. Non só mente, senón que trata aos traballadores e traballadoras como si foran analfabetos e non superan sumar nin restar.

CATEGORIA

SALARIO MENSUAL BRUTO CONVENIO

SI FORA CERTO QUE SE COBRA UN 180% MAIS ESTO SERIA O QUE TERIAN QUE COBRAR ESTAS TRES CATEGORIAS

CHOFER

1.279,41 €

3.582,34 €

LABRADOR

1.252,53 €

3.507,08 €

CORTADOR

1.192,89 €

3.340,09

Salario mínimo interprofesional do ano 2011: 641,40 euros. Se Cafersa pagara como afirma, un 300% máis, cada traballador e traballadora tería que cobrar cada mes 2.565,60 euros.

Noutro apartado resalta os aspectos sociais que a empresa presta ao persoal. A continuación, relatamos dous “exemplos” de “política social” que resultan realmente patéticos.

  1. Di a empresa que teñen comedores; e en verdade teñen comedores. Pero iso esta recollido no artigo 26 do convenio colectivo. É dicir, todas as empresas do sector teñen que ter comedores. O que ocultan é que estes comedores que Cafersa ten son rexentados por familiares directos dos encargados. A aqueles traballadores e traballadoras que levan a comida da súa casa, non se lles permite acceder ás instalacións, polo que están a coartar un dereito recollido en convenio. E por que fan isto? Claro está: quen leva a comida da súa casa non lle dan ganancias aos familiares dos encargados que rexentan ditos comedores.

  2. Cafersa di que ten transporte aos centros de traballo. Debemos lembrarlle á empresa que o transporte é un dereito conquistado, contra a súa vontade, entre outros, polos traballadores e traballadoras da lousa desde o ano 1991. Non se trata pois dunha “dádiva”, senón dun dereito conquistado.

  3. En outro apartado deixa caer unha ameaza intolerábel. Afirma literalmente: Cafersa ten nestes momentos un stock para abastecer sen problemas aos seus clientes 18 meses, polo cal podería prescindir da metade do cadro de persoal. Ademais de insultante, non deixa de ser unha verdade a medias, que non é outra cousa que a peor das mentiras. Como todo o mundo sabe, Cafersa forma parte da multinacional alemá Rathscheck. Este grupo controla unha gran parte da produción e distribución de lousa a nivel mundial, entra a cal se atopa toda a produción de Cafersa. Así que non se lle pode chamar stock a un almacenamento masivo de lousa de varios produtores que despois vai ser vendida por todo o mundo. Unha cosa é almacenamento e outra cousa ben distinta e stock.

  4. O que non di Cafersa é, por exemplo, que non repón guantes cando fan falta, que os ten taxados en dous pares ao mes, cando o convenio di que se entregarán guantes cando fagan falta; ou que incumpre a normativa en materia de xornada (traballando mesmo en sábados); ou que impón uns ritmos de traballo moi por riba da media; ou que non cumpre a normativa en materia de prevención de riscos nin garante a seguridade e saúde dos seus traballadores e traballadoras.

Documentos
Nota distribuída pola empresa nos centros de traballo.
cig.prensa@galizacig.com