Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 13/7/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Continúan as mobilizacións contra o peche de Emesa Trefilería coincidindo coa xuntanza coa dirección

Os traballadores/as defenden a viabilidade da factoría, esixen a paralización do ERE e que Previdente faga unha venda en condicións asumíbeis
Coincidindo cunha nova xuntanza entre a representación dos traballadores/as e a empresa, o persoal de Emesa Trefilería volveuse concentración ás portas do Hotel AC, lugar elixido pola dirección para manter as reunións. Os traballadores/as esixiron a continuidade da actividade da fábrica e demandaron do grupo propietario, Previdente, que se quere desfacerse das instalacións facilite a venda en condicións adecuadas.

O persoal, que desenvolveu a concentración nun ambiente festivo no que até tiveron cabida os foguetes e petardos de luces, reiterou que Emesa Trefilería continúa a ser a empresa máis rendíbel de Previdente, ten carga de traballo e unha carteira de clientes estábel, polo que o único obxectivo da compañía é pechar a fábrica coruñesa para deslocalizar á produción á outras instalacións que o grupo ten en Portugal.

Neste senso, o Secretario do Comité de Emesa Trefilería e delegado da CIG, Óscar Gónzalez, demandou de Previdente a retirada ou paralización inmediata do ERE e que facilite a venda da factoría en condicións asumíbeis. “Xa levaron de aquí moitísimos cartos e se agora queren irse, consideramos que teñen que vender a empresa a un prezo módico”, afirma.

Previdente pretende que as empresas interesadas nas instalacións de Sabón asuman unha débeda de entre 8 e 10 millóns de euros e a maiores estabelece o prezo da venda en 14 millóns de euros, cando ao grupo luso mercou a planta no 2004 por 2 millóns. “Previdente xa levou 25 millóns de euros de Emesa Trefilería para realizar unha operación, cando menos dubidosa, de compra dunha factoría en Italia, que xa daba perdas no momento da súa adquisición e ségueas dando”, lembra o Secretario do Comité. “Nestas condicións sáelles unha operación redonda: entre os 25 millóns de Emesa, que lle asuman á débeda e o que piden pola fábrica, estamos a falar duns 50 millóns de euros en total”.

En canto aos posíbeis compradores, González puntualizou que parece haber tres ou catro ofertas, xestionadas a través da Xunta de Galiza, polo que o persoal tamén demanda da administración galega un compromiso e esforzo nidio na defensa dos postos de traballo e do sector industrial da comarca.

cig.prensa@galizacig.com