Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 13/7/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Empregados/as da seguridade privada da provincia de Pontevedra protestan en Carrefour pola perda de dereitos laborais no sector

Denuncian que a empresa Seguriber, encargada da seguridade na compañía de alimentación, impuxo un convenio propio con peores condicións
Máis dun cento de traballadores/as da seguridade privada e delegados/as sindicais da CIG, CCOO e UGT concentráronse hoxe ás portas do Carrefour situado no centro comercial Gran Vía de Vigo para denunciar a perda de dereitos laborais no sector. Dende a federación de Servizos da central nacionalista explican que coa protesta pretenden poñer de manifesto que empresas como Seguriber -que xestiona a seguridade nos Carrefour da provincia- impuxo un convenio propio con peores condicións.

A mobilización desenvolveuse a partir das 12.00 horas na zona de acceso ao supermercado, situado no interior do centro comercial Gran Vía, onde os afectados/as despregaron varias faixas e repartiron folletos informativos entre os clientes.

Dende a CIG indicaron que o motivo da protesta é denunciar que empresas como Seguriber, que se encarga da seguridade na empresa de alimentación, “impoñen, a base de presión, ameazas e coaccións, descolgues salariais e mesmo convenios de empresa que empeoran aínda máis as condicións laborais para seguir mantendo o seu marxe de beneficio nun mercado á baixa”. Diante disto, anuncian que seguirán a mobilizarse noutros establecementos da cadea de alimentación.

cig.prensa@galizacig.com