Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 13/8/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Os traballadores de Marinships rexeitan na rúa o despedimento dos catro empregados que non estaban afectados polo ERE

Pola mañá concéntranse nas instalacións de Factoría Naval en Marín e pola tarde desprázanse á nave do estaleiro Armón en Vigo
Os traballadores concentráronse ás portas de Factoría Naval de Marín.

As comunicacións de rescisión de contrato chegaron do xulgado o pasado venres día 6 de agosto, abríndose agora un prazo de 15 días para a negociación do expediente. O secretario comarcal da CIG-Metal de Pontevedra, Marcos Conde, explica que intentaron sen éxito poñerse en contacto cos responsábeis da empresa, polo que optaron por presentar un escrito no xulgado informando dos feitos. 

Diante disto, o comité de empresa optou por convocar unha serie de mobilizacións como as levadas a cabo con anterioridade cando a compañía de compoñentes eléctricos para náutica presentou un ERE que afectaba a 10 dos seus 14 traballadores (na empresa permanece só unha administrativa). O calendario de protestas contempla concentracións en Factoría Naval de Marín en horario de mañá (de 8.30 a 12.00) e do estaleiro Armón de Vigo pola tarde (de 12.00 a 19.00). 

cig.prensa@galizacig.com