Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 13/9/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Máis do 50% do profesorado interino de Secundaria queda sen traballo na adxudicación definitiva mentres se incrementa o alumnado

A CIG, como integrante da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, participou na mobilización organizada pola Plataforma en defensa da montaña e do rural
A CIG participou o mércores na marcha convocada pola Plataforma en defensa da Montaña e do rural e na manifestación que partiu do Obradoiro e que rematou en San Caetano, diante da Consellaría de Educación. Esta mobilización coincide coa publicación da adxudicación definitiva de destinos para o profesorado de Secundaria. Esta adxudicación confirma a denuncia xa realizada pola CIG-Ensino, o incremento dos recortes no ensino público, nun curso no que o propio Conselleiro sinala o incremento do alumnado.

Adxudicación definitiva de destinos en Secundaria

Malia a existencia de xubilacións e a ausencia dos procesos de acceso, explican dende a Federación da CIG, non se incrementa o número de prazas adxudicadas, como cabería agardar e así máis do 50% do profesorado interino de Secundaria (625 profesores e profesoras) non obteñen destino nesta adxudicación. Este dato súmase aos 199 docentes que quedaron sen praza en Infantil e Primaria. Mentres, o alumnado ocupará aulas masificadas que superarán, nalgúns casos, os 30 alumnos e alumnas e os centros carecerán da posibilidade de facer desdobres cando as necesidades educativas o recomendan. Son numerosos os centros con insuficiente dotación de profesorado de Pedagoxía Terapeútica, Audición e Linguaxe e Orientadores. 

Por outro lado, máis do 24% do profesorado terá que impartir outra materia diferente da súa especialidade, case un 5% impartirán tres ou máis materias, a propia da súa especialidade e outras dúas (25 profesores ou profesoras), tres (12), catro ou mesmo sete.

Entre estes casos chama a atención que a Consellaría oferte prazas en que se combinan varias materias, que nada teñen que ver unhas coas outras, así os seguintes exemplos:

  Praza de Física e Química en que o/a docente impartirá tamén Matemáticas, Xeoloxía e Bioloxía, Debuxos e Tecnoloxía.

  Praza de Matemáticas en que o/a docente impartirá tamén Física e Química, Xeoloxía e Bioloxía, Tecnoloxía e Economía.

  Praza de Filosofía na que ademais de impartir Xeografía e Historia, Lingua española e Atención Educativa, o/a docente impartirá Tecnoloxía.

  Praza de Matemáticas que imparte Física e Química, Xeoloxía e Bioloxía, Tecnoloxía e Educación Física.

  Praza de Matemáticas que imparte Xeografía e Historia, Física e Química, Xeoloxía e Bioloxía, Lingua inglesa, Lingua galega, Lingua castelá e Tecnoloxía.

Dende a CIG-Ensino sinalan o incremento das prazas itinerantes, é dicir aquelas en que se comparten centros de diferentes localidades, que case se duplican respecto de 2011. A isto hai que lle sumar 55 adxudicacións a outros tantos funcionarios/as de carreira en expectativa de destino que só saben en que zona van traballar, sen saber en que centro ou centros e que materia van impartir, ou mesmo que dimensión ten esa zona. “Foi a forma ideada pola Consellaría de Educación para ocultar que ten un número elevado de funcionarios de carreira sen un destino axeitado á súa especialidade, utilizando tamén este profesorado para tapar os ocos que produce un incremento horario inxustificado do profesorado”. Este profesorado será na práctica substituto comarcal e pode estar sometido a continuos cambios de centro moi distantes entre eles.

Perda de emprego e masificación das aulas

“A adxudicación realizada pola Consellaría pon en evidencia a súa despreocupación polo ensino público, e así, cambia os perfís das prazas e, como xa sucedera o ano pasado, envía profesorado de Lingua galega para cubrir prazas de Lingua castelá ou de Debuxo para impartir Tecnoloxía”, explica Anxo Louzao, Secretario Nacional da CIG-Ensino. “A Consellaría maquilla os datos e, ocultando o número de xubilacións que se producen, dá un número global de profesorado interino e substituto que oculta a realidade de que en Secundaria se están perdendo postos de traballo, mentres se masifican as aulas”, engade.

Na propia web da Consellaría pode comprobarse que só o 50% dos 1241 profesores e profesoras interinos obteñen destino, ou que durante o curso pasado traballaron tamén outros 2762 profesores e profesoras substitutos, que tal vez non sexan chamados en todo o curso, considerando que vai haber 55 funcionarios realizando ese labor, ou que non se van cubrir as baixas até que se superen as dúas semanas.

“O curso comeza cun incremento de alumnado por aula malia que Feijóo asegurou o contrario -explica Anxo Louzao, Secretario Nacional da CIG-Ensino, que denuncia que naqueles centros nos que é necesario crear unha unidade máis non se crea, aínda que se superen as rateos establecidas. Ademais non se ten en conta para conformar os grupos ao alumando repetidor e tampouco se considera a redución do mesmo cando se escolariza alumando con necesidades educativas especiais.

“O desmantelamento do ensino público en xeral agrávase nas zonas rurais, co peche de aulas, agrupamentos de alumando de diferentes niveis ou a imposibilidade de contar con especialistas o que implica un trato discriminatorio co alumnado e suporá un maior despoboamento destas zonas, que tamén sofren a liquidación do programa de Preescolar na Casa”, engade Louzao 

cig.prensa@galizacig.com