Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 13/9/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Nova xornada de mobilizacións contra os recortes nas administracións públicas

O persoal denuncia a privatización dos servizos públicos e os ataques aos dereitos laborais e salariais
Os traballadores e traballadoras ao servizos das administración públicas volveron saír este xoves ás rúas para manifestar o seu total rexeitamento ás políticas de recortes e contra o progresivo desmantelamento e privatización do servizos públicos. As protestas realizáronse ao longo de todo o País nos diferentes centros de traballo -edificios administrativos, centros de saúde, xulgados, delegacións, concellos, oficinas da Seguridade Social, etc.-, enchendo de consignas e faixas reivindicativas as cidades e vilas.

A protesta enmárcase no calendario de mobilizacións acordado polas organizacións sindicais para este mes de setembro, no que tamén se incluíu a convocatoria da exitosa manifestación celebrada o pasado sábado en Compostela. E unha xornada máis, as protestas estiveron enmarcadas por unha chamada a toda a cidadanía na loita contra o progresivo desmantelamento dos servizos públicos, uns servizos que en tempos de crise como actuais deberían ser potenciados como garante da cohesión social.

Os empregados/as das administracións criticaron que tanto o Goberno de Mariano Rajoy como o de Núñez Feijoo aposten por deixar a xestión dos servizos públicos en mans de empresas privadas, mentres “arremeten sen contemplacións contra o persoal do sector público, recortando os seus dereitos laborais e sindicais, destruíndo emprego e intentando socavar a confianza da cidadanía con campañas mediáticas e políticas destinadas a desacreditar a súa imaxe”.

Neste senso, lembraron que nos últimos 15 anos, os traballadores/as das administracións viron recortados os seus dereitos laborais e sociais e perderon un 45% dos salarios. 

O calendario de mobilizacións continuará o vindeiro xoves cunha nova xornada de protestas nos centros de traballo.

Galería de imaxes

cig.prensa@galizacig.com