Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 14/1/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Mobilización contra o despedimento de tres traballadoras do Flunch do Alcampo de Coia en Vigo

Pertencen á CIG e contan con máis de 25 anos de antigüidade
O mércores dia 13 de xaneiro desde a unha da tarde tivo lugar unha concentración diante do centro de traballo Agapes - Flunch do Alcampo de Coia, en Vigo, para denunciar o despedimento de tres traballadoras que tivo lugar a semana pasada, e para os que queren alegar causas obxectivas, por cuestións económicas, mais desde a CIG-Servizos analizan estes despedimentos en clave interna da empresa e nun novo caso de represión sindical.

Na primeira semana de xaneiro despediron a 3 traballadoras do centro de traballo de Agapes - Flunch de Alcampo de Coia, sendo estas tres empregadas afiliadas á CIG, con antigüidades de 25 anos, e "curiosamente" 2 delas foron delegadas do Comité de Empresa en anteriores eleccións sindicais.

Segundo relatan desde a federación de Servizos da CIG en Vigo, a central sindical nacionalista sempre tivo maioria nos dous centros de traballo, e desde as eleccións pasadas a dirección da empresa realizou unha intensa campaña para que non se conseguira esta representación, e pasouse a ter duas delegadas de cinco.

Despidos sen causas obxectivas

A empresa tramitou estes tres despedimentos como obxectivos, alegando alegan causas económicas. A CIG-Servizos sinala que esta situación non é real, e ademais a empresa sempre teria posibilidade de utilizar outras ferramentas como facer un Expediente de Regulación.

Solicitan a súa readmisión

"Cremos que queren encubrir os despidos aproveitándose da crise. O Flunch é utilizado diariamente por multitude de persoas e non só de clientes de Alcampo, senón tamén polos propios traballadores e traballadoras de Alcampo, polo que reclamamos a súa readmisión", subliñan.

cig.prensa@galizacig.com