Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 14/10/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Xosé Fernández Piñeiro, secretario nacional da FGAMT-CIG.
Subindo as escaleiras do edificio no que está situado Prolamar.

A folga de Alfageme de Vigo chega cunha manifestación até as portas da inmobiliaria Promalar, actual dona da conserveira

Seguimento total na primeira xornada de mobilización

Desde as seis e media da mañá as traballadoras e traballadores da conserveira Alfageme en Vigo comezaban a primeira das tres xornadas de folga convocadas para o mes de outubro, cos piquetes ás portas desta factoría, onde a folga tivo un seguimento total. Ás once da mañá daba comezo unha manifestación desde a sede central de Caixanova, na rúa García Barbón, até as portas do Club Financeiro, fronte á que se encontra a inmobiliaria Promalar, que é a actual dona desta firma. Con esta manifestación o persoal de Alfageme denunciaba o impago do salario do mes de setembro, asi como o plan de viabilidade e a xestión que Juan Lago está a realizar.

"Esta é a primeira das mobilizacións, e a semana que vén continuaremos coa manifestación en Vigo das traballadoras do centro de Ribadumia, que tamén se somaran á folga, e o 22 haberá outra nova manifestación, que sairá desde Urzáiz até a delegación da Xunta en Vigo", indicaba Xosé Fernández Piñeiro, secretario nacional da FGAMT-CIG, en declaracións aos medios de comunicación.

Seguimento total

As máis de 150 traballadoras e traballadores da conserveira Alfageme en Vigo foron o 14 de outubro á folga contra o plan de viabilidade da empresa, o impago de salarios, e para amosar o seu rexeitamento á xestión realizada pola inmobiliaria Promalar, e polo seu dono Juan Lago.

Manifestación polo centro de Vigo

Nesta xornada, ademais dos piquetes pola mañá, convocouse unha manifestación que saiu desde a sede de Caixanova en García Barbón até o Club Financeiro de Vigo. Fronte a esta sede empresarial están situadas as oficinas da inmobiliaria Promalar, propiedade tamén de Juan Lago, como Alfageme.

Unha delegación do Comité de Empresa trasladouse até as oficinas desta inmobiliaria, mentres continuaba a concentración das traballadoras e traballadores en folga. Ninguen abriu as portas da inmobiliaria, que se mantivo pechada en todo momento.

A concentración prolongouse até as doce e media da mañá, vixiada en todo momento por dúas dotacións de antidisturbios.

Xuntanza en Compostela

Ás 18 da tarde terá lugar en Compostela unha xuntanza entre centrais sindicais, representación do persoal, a empresa e o director xeral de Relacións Laborais, para abordar o plan de viabilidade e a súa discusión, asi como a previsíbel nova petición de avais por parte da empresa.

Galería gráfica

Nesta ligazón ou na sección multimedia da nosa web podedes atopar máis imaxes da mobilización que tivo lugar nesta xornada de folga.

cig.prensa@galizacig.com