Carta dirixida ao Presidente e ao Ministro de Asuntos Exteriores do goberno español polas organizacións sindicais participantes no 35º EUCOCO celebrado en Barcelona
Barcelona, 21 de novembro 2009
As organizacións sindicais, abaixo asinantes, reunidas na 35º Conferencia Europea e Internacional de Solidariedade co Pobo Saharauí (35º EUCOCO), celebrada en Barcelona, nos días 20, 21 e 22 de novembro de 2009, despois de abordar a situación política e humanitaria do pobo saharauí, sendo coñecedores da situación da defensora dos dereitos humanos Aminetu Haidar, actualmente en folga de fame no aeroporto de Lanzarote (Canarias) en protesta pola expulsión do su país, o Sahara Occidental, manifestamos o seguinte:
v Responsabilizamos ao goberno marroquí da continua violación dos dereitos humanos nos territorios saharauís ocupados.
v Condenamos a expulsión inxustificada do Sahara Occidental da activista Aminetu Haidar e a retirada da súa documentación por parte das autoridades marroquís.
v Condenamos aa complicidade das autoridades españolas na retención ilegal de Aminetu Haidar vulnerando os seus dereitos humanos e a propia lexislación en materia de entrada en territorio español e impedíndolle o retorno ao seu país.
v Pedimos que se restitúa inmediatamente o dereito de Aminetu a regresar ao seu país, o Sahara Occidental, con todas as garantías para a súa integridade personal e a recuperación da súa documentación.
As nosas organizacións sindicais non poden aceptar que un goberno elixido democraticamente vulnere os dereitos humanos e a lexislación internacional.
CC.OO - España; CGTP/IN - Portugal; CGIL - Italia; CIG - Galiza; ELA - Euskadi; Intersindical - España; NLC - Nixeria; UGT - España; FSM
Carta da UGTSARIO agradecendo o apoio da CIG a Aminetu Haidar e ao pobo Sahararaui
Cordial e distinguido saúdo.
Compañeiros/as, amigos e amigas, da Confederación Intersindical Galega (CIG)
Ante todo e en nome da Unión Xeral de Traballadores Saharauis UGTSARIO, pero tamén en nome do Pobo Saharui, quero agradecer altamente a vosa contribución en todos os ámbitos para poder salvar a vida da nosa compañeira e irmá Aminetu Haidar que está en folga de fame desde hai hoxe 28 días.
A vosa contribución en todos os foros nacionais e internacionais para denunciar e rexeitar a política marroquí perpetrada contra a nosa poboación indefensa é máis necesaria que nunca neste intre, pero é tamén necesaria para salvar a vida da defensora dos dereitos humanos Aminetu Haidar.
A vosa presenza no lugar e o momento, a vosa condena á inxustiza, o voso chamamento, en voz alta e a todo o mundo, incluíndo ao Goberno de España y ao goberno marroquí, favorece a busca dunha solución a este problema tan humano, como o de Aminetu Haidar, que hoxe vivimos todos minuto a minuto.
Nunca tivemos a máis mínima dúbida dos valores polos que estades a loitar, e en defensa deses valores nos acompañades desde hai máis de trinta anos.
Un cordial saúdo,
Kasisa Cherif
UGTSARIO
Internacional e Cooperación
13 de decembro de 2009