Segundo a información reunida a por ESCULCA, a actuación das forzas e corpos de seguranza do estado evidenciou “mais unha vez que existen caréncias graves no entendimento que os membros destes corpos teñen do papel que lles corresponde xogar, e os limites da sua intervención, cando se producen situacións de expresión colectiva de unha protesta ou unha reclamación no exercício de direitos recoñecidos por lei”.
Así, tanto na xornada previa como no propio día da folga, a actividade dos piquetes informativos e os/as sindicalistas víronse en numerosas ocasións dificultados pola actuación das forzas de seguranza, que someteron a controis, identificacións e rexistros corporais e de vehículos aos/ás folguistas, aínda sen mediar xustificación algunha.
Podes descargar o documento elaborado por ESCULCA neste enlace ou visitando a súa páxina web.