Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 14/5/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Gumersindo Rego, Xefe do Servizo de Neumoloxia Ocupacional do Instituto Nacional de Silicose de Oviedo.

A CIG de Valdeorras presenta en rolda de prensa as xornadas que celebrará no Barco sobre os perigos do amianto

Coa presenza do Xefe do Servizo de Neumoloxia Ocupacional do Instituto Nacional de Silicose de Oviedo
A Unión Local da CIG de Valdeorras desenvolverá o vindeiro mércores 20 de maio unhas xornadas sobre os perigos do amianto para a saúde. Trátase dun material que está presente na vida diaria mais que «únicamente representa un risco real para os que traballan con el», explicou Gumersindo Rego, xefe do servizo de neumoloxía ocupacional do Instituto Nacional da Silicose, na rolda de prensa de apresentación. A xornada informativa será o día 20 a partir das nove e media da mañá. Os temas a tratar serán as enfermidades producidas polo amianto, a conciencia e auto-organización de persoas expostas, e as alternativas sindicais.
Adriano Brito, secretario da Unión Local da CIG de Valdeorras, e Gumersindo Rego, Xefe do Servizo de Neumoloxia Ocupacional do Instituto Nacional de Silicose de Oviedo.

Gumersindo Rego, Xefe do Servizo de Neumoloxia Ocupacional do Instituto Nacional de Silicose de Oviedo, presentou os medios de comunicación da comarca de Valdeorras, a xornada tecnica que se celebrara o vindeiro mércores dia 20 de Maio no salón de actos do Concello de O Barco de Valdeorras.

Perigos do amianto

Con esta xornada a CIG-Valdeorras, predende dar a coñecer a poboación en xeral os perigos do amianto, un axente totalmente descoñecido para a pobación, e concienciar as traballadoras e traballadores, das medidas preventivas que deben tomar cando traballen con este material, que esta en moitas cousas cotiás da nosas vidas desde illantes até en prendas de vestir, etc.

cig.prensa@galizacig.com