A ruptura das negociacións coa Patronal, despois de que se retomaran nesta mesma semana estas conversas, para Miguel Malvido, secretario nacional da CIG-Metal, Miguel Malvido, "vén de confirmar a súa actitude na mesa negaciadora, a intransixencia e cerrazón desta patronal, polo que é necesario mudar as circunstancias que nos levaron a este punto e volver amosar a esta patronal que os traballadores imos loitar polo convenio, e que imos gañar esta batalla".
Asemblea conxunta o venres
Nese sentido, sobre a unidade da acción sindical, Malvido engadiu que "o venres continúa convocada unha asemblea conxunta das tres centrais sindicais, CIG, CCOO e UGT, ás once no salón de actos dos Capuchinos, que é importante para definir a folla de ruta para as próximas semanas".
Asi, o secretario nacional da CIG-Metal indicou que "desde a CIG apostamos pola unidade da acción sindical, e continuamos apostando pola convocatoria de accións conxuntas e medidas de presión fortes para a próxima semana".