Celta Prix xestiona todos os parques comarcais que existen na provincia agás o de Silleda, que é totalmente público. No camiño por achandar as súas posibilidades de cara á xestionar o futuro Consorcio Provincial, a empresa está levando a cabo unha política de continuada represión sindical contra os afiliados/as e delegados/as da CIG, que, precisamente “foron punta de lanza nas reivindicacións do convenio”, apunta Suso García.
Co protesta realizada o xoves, preténdese chamar a atención sobre a situación que se vive no Parque de bombeiros do Morrazo e reclamar á Deputación de Pontevedra e ao propio Consorcio que se impliquen nesta problemática e presionen á empresa para que remate dunha vez coa constante represión aos traballadores/as.
“Sotelo é o vicepresidente da Deputación e o presidente do Consorcio Comarcal, que presta un servizo público, por moito que teña alugada á xestión; é o responsábel da situación, ten que ser consciente de todo o que está pasando e tomar medidas de cara á empresa”, denunciou García.
Por mor da presión e a solidariedade amosada entre os traballadores, o presidente do Consorcio comprometeuse a manter unha xuntanza o vindeiro martes coa representación social na procura de buscar unha solución a esta insostíbel situación.
Dende o ano pasado, no que se levou adiante a negociación do convenio, a represión aos traballadores da empresa véñense sucedendo, e xa se houbo un despedimento e cinco expedentados.