A central, que recorrerá a condena, rexeita a decisión xudicial e reitera que se trata dun proceso político para criminalizar o sindicalismo combativo nun momento de duros ataques contra os dereitos da maioría social. Nos vindeiros días realizará unha análise pública máis exhaustiva do contido da sentenza.
A xuíza tamén condenou a un traballador do metal que estaba acusado de desordes públicos e danos no mesmo proceso. Imponlle un ano de prisión e unha indemnización ao Concello de Vigo de 1.052 euros pola queima dun contenedor do lixo.