As razóns polas que se presentou este recurso son que:
1º.- Non se pública o numero de membros que terá o tribunal, os criterios de reparto das prazas entre empresa e sindicatos.
2º.- Non se publica un temario na convocatoria.
3º.- Non se procede a publicación en boletín oficial da convocatoria.
4º.- O proceso é de oposición libre, sen embargo introdúcese unha entrevista persoal.
5º.- Non se recolle o perfil competencial das prazas.
Asimesmo tamén se presentaron alegacións a composición do tribunal cualificador dos procesos, xa que o mesmo non é paritario entre empresa e sindicatos.
As probas poderían volver celebrarse
Ante a falla de resposta as impugnacións presentadas, a CIG do Salnés manifestou, a través dun comunicado de imprensa, que "por parte da CIG se vai a seguir con estes recursos ante a xurisdición competente, aínda que non se paralice o proceso selectivo que se ten previsto celebrar o luns 14 de xullo e martes 15, polo tanto os opositores e a propia Autoridade Portuaria teñen que saber que ante unhas bases impugnadas, aínda que se celebren as probas, vai a ser a xustiza a que decida, por non habelas modificado para que cumpriran a lei, e polo tanto ditas probas poderían ter que volver a celebrarse".