Con esta mobilización continuase a reclamar a readmisión dos catro compañeiros despedidos pola empresa alegando causas económicas. Despedimentos que foron comunicados sen informar previamente ao comité de empresa e xustificados por mor dunha diminución de ingresos, en ningún caso perdas.
Este luns celebrouse unha reunión entre a Dirección e o Comité na que a empresa mantivo a súa decision de non readmitir aos compañeiros despedidos, sen aceptar outras saídas menos traumáticas para os traballadores. Nesta xuntanza quedaron estabelecidos os servizos mínimos para a xornada de folga do día 20.
Ás 18 horas a asamblea de traballadores na que participaron compañeiros das auxiliares, acordou levar adiante unha marcha o próximo día 20 de agosto, que partirá ás 11:30 horas das instalacións da fábrica e rematará as 13:30 horas, na praza do concello de Teixeiro, para reclamar a readmisión dos despedidos, negociación dos traslados, e garantías de emprego futuro.