Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 15/1/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

FESGA organiza unha Conferencia-Coloquio titulada “Venezuela: andaina dunha revolución” con Gonzalo Gómez.

Terá lugar en Vigo o martes 19, a partires das 20h, no Salón de Actos do local da CIG (R/ Gregorio Espino 47).
A Fundación para o Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical en Galiza (FESGA), dentro da súa actividade divulgadora, ven de organizar unha conferencia-coloquio para o vindeiro martes 19 na cidade de Vigo na que se abordará a situación e expectativas do proceso revolucionario que está a ter lugar en Venezuela, no marco da vixente crise sistémica e do actual escenario internacional.
Gonzalo Gómez Freire é confundador de Aporrea

A conferencia titulada “Venezuela: andaina dunha revolución” será a cargo de Gonzálo Gómez-Freire, co-fundador do xornal dixital Aporrea.org e delegado do I Congreso do Partido Socialista Unido de Venezuela (PSUV), a continuación iniciarase un coloquio aberto.  O acto terá lugar ás 20h da tarde, no Salón de Actos do local da CIG en Vigo (Rúa Gregorio Espino 47).

Breve reseña biográfica do poñente.

Gonzalo Gómez Freire, con nacionalidade galego-venezuelana é psicólogo de profesión cunha mestría na especialidade de psicoloxía clínica. Prestou servizo de psicoloxía en institutos públicos de educación especial desde 1976. Foi profesor no Instituto Pedagógico de Caracas por varios anos na área de Educación Especial. Investigador, Asesor e Educador Social na área de Dereitos dos Nenos, Nenas e Adolescentes. Investigacións publicadas sobre Nenos desamparados, en mendicidade e Nenos Traballadores. Coordinador de programas de formación e de atención dirixidos a nenos, nenas e adolescentes en situación de risco, aplicados en comunidades populares. Foi facilitador da Universidade Nacional Experimental Simón Rodríguez (CEPAP) por varios anos.

Entre os aspectos destacado da loita social e sindical de Gonzalo Gómez Freire están:

* Membro da Asociación Nacional de Medios Comunitarios Libres e Alternativos de Venezuela (ANMCLA), participou na coordinación e vocería nacional.

* Integrante do equipo de coordinación e voceiro nacional da Fuerza Socialista de Profesionales y Técnicos.

* Membro do equipo editorial de Marea Socialista, xornal obreiro e popular composto por dirixentes sindicais da Unión Nacional de Trabajadores, activistas populares e estudiantís. Participou no proceso de fundación desta organización. Activo apoio a distintas loitas obreiras e revolucionarias.

* Participou na Asamblea Popular Revolucionaria (Aporrea), instancia de articulación de colectivos populares de Caracas para enfrontar o golpe de Estado do ano 2002 e 2003, que deu orixe a Aporrea como xornal dixital.  

* Fundador da Rede Venezolana contra a Débeda e condutor do programa "A Débeda e a Vida" na Radio Alternativa de Caracas (até o ano 2002).

* Foi delegado sindical do Sindicato Unitario do Maxisterio (SUMA) e dos Comandos Zonales de Magisterio, participante en varias loitas maxisteriais contra os gobernos da IV República.

*Participou na construción de Movemento Sindical Bolivariano e da Unión Nacional de Traballadores.

cig.prensa@galizacig.com