Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 15/12/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A Xunta avanza no proceso de privatización dos servizos sociais públicos

Os sindicatos concentráronse diante da sala onde se ía celebrar a Comisión Superior de Persoal, á que o goberno levaba a amortización de 19 postos no centro Santiago Apóstolo
Delegados/as da CIG, CCOO, UGT e CSIF na Xunta, continuando as mobilizacións contra a privatización dos servizos públicos, acordaron concentrarse o luns diante da porta da sala onde estaba previsto celebrar a Comisión Superior de Persoal, á que administración levaba a amortización de 19 postos de traballo no centro de educación especial Santiago Apóstolo de A Coruña. En resposta ao acto de protesta, os representantes da Xunta decidiron cambiar o lugar da xuntanza a unha sala “blindada polas forzas de seguridade”.

O luns 13 de decembro, estaba prevista a realización da “Comisión Superior de Persoal da Xunta de Galiza”, máximo órgano consultivo en materia de persoal, e no que, entre outros, ía a amortización de 19 postos de traballo no centro de educación especial Santiago Apóstolo de A Coruña, como parte da privatización deste centro asistencial que pretende o Partido Popular, postos de traballo básicos para dar unha prestación de servizos de calidade a nenos e nenas que requiren unha especial atención.

Delegados/as da CIG, CCOO, UGT e CSIF na Xunta, como continuación do minuto de silencio polos servizos públicos que se gardou na xuntanza previa á Comisión de Persoal (Mesa Xeral de Empregados Públicos), acordaron concentrarse diante da porta, motivo polo que os representantes da Administración cambiaron o lugar da convocatoria a outra sala blindada polas forzas e corpos de seguridade.

Este é o primeiro paso, denuncia a CIG-Administración Autonómica, que dá o Partido Popular para levar adiante a privatización dos Servizos Sociais Públicos. Como xa teñen declarado as Consellarías de Educación e de Traballo o seguinte paso será adecuar “a oferta á demanda” como si dun ben económico se tratase, reducindo posteriormente o cadro de persoal deste centro para o próximo ano.

Todas estas medidas se adoptan despois de que a Xunta de Galiza decidira derivar nenos/as deste centro a centros privados, pagando á empresas e asociacións privadas, reducindo así a “demanda” e xustificando a redución de persoal. Esta é a política do PP para os Servizos Sociais: desmantelamento progresivo, redución de persoal e perda de calidade dos servizos prestados para logo xustificar a súa privatización.

O Santiago Apóstolo xunto co centro Terra de Ferrol-Souto de Leixa, son as primeiras vítimas desta política consciente de abandono do Público. Esta política de inhibición na que se deixa esmorecer estes centros e se aposta por derivar aos usuarios a centros privados constituíndo un malgasto de recursos públicos.

As organizacións sindicais CCOO, CIG, CSI-F e UGT, esixen á Administración da Xunta que non amortice estes postos de traballo e que potencie os Servizos Sociais Públicos.

cig.prensa@galizacig.com