Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 15/3/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

A Secretaría da Muller da CIG informa da apertura do prazo de preinscripción nas Escolas Infantís 0-3 anos

Terán preferencia os/as nenos/as xa matriculados que desexen renovar praza
A Secretaría da Muller da CIG informa de que se vén de abrir o prazo de preinscripción nas Escolas Infantís 0-3 anos, dependentes da Consellaría de Traballo e Benestar. Poderán solicitar praza as nais, pais ou representantes legais dos/as nenos/as residentes en Galiza, e que teñan nacido no momento de presentar a solicitude, que cumpran o requisito de teren cumpridos os tres meses na data de ingreso e non ter cumpridos os 3 anos o 31 de decembro de 2010.

Non obstante, poderán eximirse do límite de idade as crianzas de integración, logo do ditame da equipa de orientación especifica.

Reserva de praza:

As familias con nenos/as xa matriculados/as que desexen renovar praza deberán gozarán de preferencia para a adxudicación de praza.

Para a reserva de praza é requisito estar ao día no pagamento das mensualidades na data de presentación da solicitude.

Cubrir anexo I

Solicitudes de novo ingreso:

As prazas adxudicaranse por esta orde:

•    Fillos e fillas do persoal que preste servizo na propia escola infantil.

•    Solicitudes con irmá/án cunha praza renovada no centro que se solicita.

•    As prazas vacantes adxudicaranse segundo a puntuación obtida polo baremo do anexo III.

Para os ingresos de máxima urxencia reservarase un 5% das prazas do centro.

Cubrir anexo II

 

Solicitudes fora de prazo.

Con carácter excepcional poderán presentarse solicitudes fora de prazo nos seguintes casos:

•    Nacemento da crianza en data posterior ao prazo de presentación de solicitudes.

•    Cambio do concello de residencia familiar.

•    Outras circunstancias apreciadas motivadamente polas delegacións de igualdade e benestar.

Prazo de presentación:

a.    Para reservar praza e novo ingreso: do 11 ao 31 de Marzo de 2010, ambos os dous incluídos.

Lugar de presentación:

•    Delegacións Provinciais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

•    Mediante o formulario electrónico na páxina http://benestar.xunta.es. Sendo obrigatorio neste caso a presentación dos formularios nos correspondentes rexistros antes ou despois do prazo sinalado.

Documentos
1infan.pdf
cig.prensa@galizacig.com