Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 15/3/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Continúan as protestas das traballadoras da Cruz Vermella de Vigo contra o peche do Hospital

O venres encadeáronse e mobilizáronse diante do Concello
O persoal da Cruz Vermella de Vigo segue a mobilizarse en contra do peche do hospital e a eliminación de 70 postos de traballo. Nesta ocasión as traballadoras e traballadores concentráronse encadeados na praza dos cabalos o venres 12 de marzo de 12 a 13h. Posteriormente se dirixiron ao Concello para seguir coas súas protestas.

Este colectivo de traballadoras e traballadores está demostrando gran entereza reivindicativa mostrando á sociedade viguesa a necesidade de manter aberto o centro sanitario polo servizo que presta nunha área deficitaria de camas.

Implicación das Administracións

Nese sentido, xa anunciaron que continuarán coas mobilizacións, e demandan tanto das Administracións como da suposta ONG Cruz Vermella que demostren sensibilidade e preocupación diante da perda de 70 postos de traballo e das camas que tamén se van perder, asi como os problemas que se está a ocasionar as/os pacientes e as súas familias con todos estes traslados que están a realizar, antes de ser aprobado o ERE por Traballo.

cig.prensa@galizacig.com