Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Vigo, 15/3/2010
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Un representante sindical da CIG comparecerá no Pleno do Concello de Vigo para dar a coñecer a situación da conserveira Alfageme

Na mañá do luns 15 de marzo mantiveron unha xuntanza co grupo municipal do PP nesta cidade
O conflito de Alfageme continúa facéndose visiíbel tanto a través dos seus contactos coas distintas Administracións como polas continúas mobilizacións e pasos na loita pola defensa do emprego nesta conserveira. Na mañá do luns 15 de marzo tivo lugar unha xuntanza co portavoz do grupo municipal do PP de Vigo, Chema Figueroa, que se comprometou a apoiar as reivindicacións da representación das traballadoras e traballadores no relativo ás plusvalias xeradas polo cambio na cualificación do solo da factoría viguesa de Alfageme.

O portavoz municipal do PP no concello de Vigo comprometeuse a apoiar a reivindicación das traballadoras e traballadores de Alfageme de ter parte das plusvalias xeradas pola mudanza de cualificación do chan da fábrica situada na rúa Tomas e Alonso. Así, avaliaron desde o Comité de Empresa esta xuntanza como "positiva", e anunciaron que continuaran tanto realizando novas xestións nas Administracións como coa mobilización.

Comparecencia no Pleno

Posteriormente a esta reunión, e contando co apoio de BNG, PSOE e PP, deron a coñecer que un representante sindical da CIG, Xosé Fernández Piñeiro, en nome deste colectivo de traballadoras e traballadores comparecerá no Pleno do Concello de Vigo, onde presentará un documento, que se entregará neste Pleno, e no que se indica que a mudanza de cualificación de solo industrial a solo urbano non consolidábel xerou unhas plusvalias, xa que non se cumpriu co acordo de construir outro centro de traballo para Alfageme, na área metropolitano, polo que o persoal debería ter acceso a estes cartos que se xeraron con estes cambios e pola falta dese centro de traballo novo acordado.

cig.prensa@galizacig.com