A CIG-Mocidade de Vigo continúa coa organización de actividades, e desta volta é a convocatoria dunha serie de cursos para mozos e mozas de até 30 anos. O primeiro destes obradoiros e cursos desenvolverase o sábado 18 de abril desde ás dez da mañá e durará até as dúas da tarde, e a súa temática é a lexislación laboral. Terá lugar no local da CIG de Vigo (R/Gregorio Espiño 47, entrechán).
Desde a CIG-Mocidade de Vigo dan a coñecer a convocatoria dunha serie de cursos, que, nos primeiros meses, tratarán sobre lexislación laboral e "todas aquelas cuestións básicas para ter maior formación e coñecer os nosos dereitos no mundo do traballo".
Primeiro curso o 18 de abril
O primeiro destes cursos terá lugar o sábado 18 de abril, nun horario de 10 a 14 horas, e está dirixido a mozos e mozas de até 30 anos. Para facer a preinscripción pódese enviar un correo a mocidadevigo@galizacig.net ou no teléfono 986827948 no horario de mañá.