Os sindicatos protestaban así contra o despedimento de persoal con ata 36 anos de antigüidade no Banco Pastor, por cumprir o horario de convenio e negarse a realizar horas extras máis alá do límite legal, sen cobralas e sen cotizalas á Seguridade Social.
Segunda mobilización
Esta é a segunda mobilización ante o edificio onde ten o seu despacho o Director Rexional Galiza-Sur, que foi a persoa que decidiu os despedimentos. Os sindicatos tamén realizaron unha concentración o 26 de marzo ante a Xunta de Accionistas do Banco que tivo lugar na Coruña.
Despedimentos inxustos
Daquela o Vicepresidente do Banco, Jorge Gost alegou que se trataba de despedimentos disciplinarios, concretamente por un "problema de actitude moi grave que afecta incluso aos seus propios compañeiros". Con esta nova mobilización os/as representantes lexítimos do persoal demostraron que o problema real son os despedimentos inxustos decididos en Vigo e executados dende a Coruña, por cumprir os horarios do Convenio.