Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
Compostela, 15/5/2009
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Nova concentración diante dos xulgados do penal de Ferrol no último día do xuízo contra o secretario comarcal

O proceso quedará visto para sentenza o luns 18 de maio
Os xulgados do penal de Ferrol volverán ser o vindeiro luns 18 de maio o punto de encontro para afiliados/as e representantes sindicais da CIG na comarca, convocados a asistir a unha concentración en apoio do secretario comarcal. O motivo: a celebración da última vista dentro do proceso que se segue contra, Xesús López Pintos, que quedará visto para sentenza.
Afiliados/as e delegados/as da CIG concentráronse diante do xulgado de Ferrol para amosar o seu apoio a López Pintos e rexeitar o xuízo que se sigue contra a súa persoa.

O vindeiro luns 18 de maio celébrase a última das vistas do xuízo que se segue contra o secretario comarcal da CIG de Ferrol por supostamente agredir a un axente durante unha brutal carga policial ocorrida en setembro de 2001. A cuarta xornada será tamén a última das vistas e procederase a ler as conclusión, dándose a coñecer así a postura e peticións da Fiscalía e mais do avogado da Xunta, que actúa como acusación particular, quedando visto para sentenza.

Con tal motivo, a CIG-Ferrol convocou unha nova concentración diante dos Xulgados en apoio a Pintos e rexeitando as condenas solicitadas pola acusación, que pide máis de cinco anos de cárcere.

Visto para sentenza

Durante as vistas anteriores, as testemuñas corroboraron a versión dos feitos defendida polo secretario comarcal, quen en todo momento defendeu a súa inocencia e reiterou que non golpeou a ningún axente, senón que eu foi o agredido, polo que tivo que ser atendido en urxencias. As declaracións de Pintos foron corroboradas polos testemuños de máis de 20 mariscadoras presentadas pola defensa, que avalaron coas súas declaracións a inocencia do secretario comarcal da CIG de Ferrol.

Pola súa banda, tamén quedará visto para senteza o xuízo que se segue ao mesmo tempo contra policías que participaron na carga dese 18 de setembro de 2001, acusados por parte dun grupo de mariscadoras que sufriron feridas de diversa consideración.

Máis información sobre as causas e a evolución do proceso xudicial

cig.prensa@galizacig.com