A protesta diante da cafetería do hospital desenvolveuse entre as 10.30 e as 12.30 horas, Os afectados despregaron unha faixa reclamando un convenio digno e berraron consignas contra a actitude do empresario. Dende a CIG-Servizos denuncian que os empregados/as esixen o cobro puntual das súas nóminas "e o desbloqueo das negociacións do convenio colectivo".
Ao mesmo tempo, rexeitan a modificación das condicións laborais impostas pola compañía concesionaria do servizo, Oh Vigo, e lembran que "incumpre sistematicamente todos os compromisos adquiridos cos traballadores/as". Durante a protesta, que terá continuidade nos vindeiros días, repartiron folletos explicando as súas reivindicacións e reclamándolle á dirección do centro hospitalario que se implique na solución do conflito.