No acto compareceron compareceron Etelvino Blanco, Secretario Comarcal da CIG de Ourense; Fernando García, Secretario Nacional da CIG-Autonómica; Carme López, Secretaria Nacional da Federación de Administración Pública; Belén Martínez, Secretaria de Organización da CIG de Ourense, Xabier Rodríguez, Secretario Comarcal da CIG-Administración de Ourense e Alfonso Diz, responsábel comarcal da CIG-Autonómica de Ourense.
Todos expresaron o seu firme convencemento da inocencia do compañeiro e a súa confianza en que "a acción da Xustiza aclarará que os feitos que lle imputan son absolutamente falsos e consideramos que esta detención foi totalmente arbitraria e unha mostra de persecución sindical á que tantas veces se ten sometido a nosa central sindical".
Este luns 18 de outubro, coincidindo co inicio do xuízo contra Jesús Dorado Noya, está prevista unha concentración de apoio e solidariedade con este compañeiro e para demandar a súa total exculpación. A protesta terá lugar diante dos xulgados de Ourense ás 9:30 horas.