Portada
Temas
Confederal
Sectores
Entrevistas
Opinion
Multimedia
Contacta
 
A Coruña, 16/10/2012
Chuza Menéame del.icio.us
compartir

Continúan as mobilizacións do persoal de Grafoplas para esixir a readmisión dos compañeiros/as despedidos/as

Os traballadores/as manteñen a convocatoria de folga, que se realizará nas próximas semanas
Os traballadores e traballadoras de Grafoplas continuaron este martes co calendario de protestas en contra do despedimento de oito compañeiros/as. O persoal realizou unha concentración ás portas da empresa, situada en Culleredo, entre as 15: e as 15:30 horas.

A protesta enmárcase no calendario de mobilizacións aprobado pola asemblea de traballadores/as, consistente en realizar concentracións os martes de cada semana, ás portas das instalacións no Polígono da Marisqueira. Así mesmo, o persoal mantén a convocatoria de folga, que se celebrará ao longo das vindeiras semanas.

A empresa pola súa banda alega causas económicas para xustificar os despedimentos e aprovéitase das facilidades introducidas na reforma laboral aprobada polo PP, para desfacerse do seu persoal dun xeito sinxelo e barato.

cig.prensa@galizacig.com